Artículos de Marina Mayoral

O perdón para o violador

Octubre 7, 2009 · Dejar un comentario

Ocaso de Roman Polanski vén poñer de manifesto a necesidade de que a lei permita xulgar e condenar un delito, independentemente do posible perdón das vítimas. Parece cousa evidente, pero algúns consideran que nos delitos de violencia doméstica e de violación, se a vítima decide perdoar, debería levantarse a pena, actitude errónea que, sen o freo da lei, podería dar lugar ás maiores aberracións.

Nos delitos de maltrato, as mulleres, por amor, retiran con frecuencia as denuncias e conviven de novo co maltratador ata que «o amor da súa vida» se converte no amor da súa morte. Polo que se refire ás violacións, cando o violador é persoa famosa, rica e con poder, a vítima atópase nunha situación especial de indefensión. Á sospeita de que provocou ela a situación únese o convencemento de que non vai atopar solidariedade, dado que moitas mulleres desexarían aquilo mesmo que a ela se lle impuxo pola forza.

No caso de Roman Polanski non hai dúbidas de que se tratou dun abuso de poder. El era un home maduro, de 43 anos, e ela unha nena de 13, que traballaba para el como modelo. Drogouna e violouna, pagou para que retirase a denuncia e finalmente fuxiu para escapar á Xustiza. Por onde queira que se mire é un delito repugnante. A indignación dos intelectuais e artistas que piden a súa liberación está fóra de lugar. O talento do cineasta e as discutibles circunstancias da súa detención non invalidan o feito de que un delincuente debe pagar polo delito cometido. Sexa quen sexa.

Pódese pedir clemencia, que é unha virtude, pero a indignación está de máis.

Categorías: Galego
Etiquetado:

0 respuestas hasta el momento ↓

  • Todavía no hay comentarios... Empiece usted rellenando el siguiente formulario.

Dejar un comentario