Artículos de Marina Mayoral

Francia e os españois

Agosto 4, 2009 · Dejar un comentario

Ao galego Óscar Pereiro ninguneárono de mala maneira e quitáronlle toda a gloria que puideron cando gañou o Tour de Francia este ano. A Rafa Nadal aplaudíanlle os fallos no último Roland Garros, e con Alberto Contador xa chegamos a extremos nos que o ministerio a quen lle correspondan os deportes tería que intervir.

¿Con que dereito Greg LeMond dende as páxinas dun xornal que se considera serio se atreve a poñer en dúbida día tras día a honestidade profesional dun deportista sen aportar ningunha proba das súas insidias?

A pregunta de cómo con auga da billa se pode conseguir a velocidade e a potencia que demostrou o ciclista español na subida de Verbier coido que podería ser obxecto dunha denuncia, porque a insinuación de dopaxe está implícita.

O do himno danés foi a guinda. Demostra un desleixo e unha descortesía intolerables. E para colmo, cando por fin acertaron co himno español puxérono a unha velocidade que soaba a burla.

Estou segura de que se fose a Marsellesa a que soase así ou fose substituída polo himno doutro país, os nosos veciños montarían o gran número e serían necesarias explicacións e desculpas a nivel diplomático.

Calar pode dar orixe a maiores desprezos. A autoridade competente no mundo do deporte debería esixir respecto para os nosos deportistas, prestarlles axuda nestes casos, e defender a dignidade do país que representan.

Categorías: Galego
Etiquetado: ,

0 respuestas hasta el momento ↓

  • Todavía no hay comentarios... Empiece usted rellenando el siguiente formulario.

Dejar un comentario