Lin a noticia en La Voz. Non sei se noutros xornais apareceu, non quero sabelo, preferiría que non aparecese, que fose unha falsa interpretación de feitos illados? Pero desgraciadamente é certo: os galegos volven emigrar a Suíza.
Hai situacións que unha se resiste a admitir. Chegados a certo grado de cultura, de evolución, non se pode dar marcha atrás. Xa nunca máis se tirarán dende o monte Taigeto nenos con taras físicas; a escravitude nunca máis será algo legal? Deixar Galicia para ir buscar o pan a terra allea debería ser un feito do pasado e non unha dolorosa realidade.
Din que é aínda un movemento silencioso, un goteo de persoas que chaman a amigos que ficaron alí para que lles busquen traballo. No consulado non teñen cifras, ou non as queren dar. Moitos dos que emigran fano dun xeito vergoñento, non queren que se saiba?
Moi mal tivemos que facelo para que o esforzo de tantos galegos que emigraron e volveron non sirva para que os seus fillos e os seus netos non teñan que repetir a súa experiencia. Moi mal estamos a facelo para que Galicia volva ser un pobo de emigrantes.
O presidente da Federación de Sociedade Galegas en Suíza asegura que alí atoparán traballo, e as súas verbas desgarran o corazón: «O galego é un emigrante que traballa ben? Temos prestixio».
Bos e animosos traballadores que ao longo de todo un século tiveron que saír da súa terra para gañar á vida. Os versos de Rosalía volven ter actualidade: «No sembrante a alegría, / no corazón o esforzo, / I a campana harmoniosa da esperanza, / lonxe tocando a morto».

1 respuesta hasta el momento ↓
ortographiasdeunautorretrato // Mayo 19, 2009 a 11:13 pm |
Hola, Marina:
La verdad es que tiene usted razón y, por lo avanzado de la fecha que marca el calendario, uno pensaría que ciertas cosas deberían haber dejado de pasar. Pero lo triste es que la historia no deja de hacernos cíclicas burlas (ejemplo de ello, esta crisis presentida y evitable), por mucho que nos empeñemos en escribirla para no volver a tropezar con las mismas piedras…
Saludos afectuosos,
Paula.