Apresenza de Carla Bruni na visita a Madrid do presidente Sarkozy levantou múltiples e variados comentarios. Algúns lembráronse da broma de Kennedy cando visitou París: «Eu son o tipo que acompaña a Jackie Kennedy». Uns destacaron que o charme de Carla Bruni fixo pasar a segundo plano a opinión de Sarkozy de que «quizá Zapatero non sexa moi intelixente». Outros criticaron que se dese máis información sobre os discretos tacóns da dama francesa e os «taconazos» de dona Letizia que sobre os asuntos serios que había que tratar. Non faltou quen veu en Carla Bruni «o maior logro político de Sarkozy», e polo contrario, tampouco faltou a crítica de carácter feminista que lamenta o «papel de floreiro» da primeira dama francesa.
A min, que defendo a igualdade social de homes e mulleres, non me parece mal que se preste atención ás primeiras damas, xa sexan ás que tiveron un papel importante na política como foi Hillary (que dabondo llo criticaron ) ou ás que se limitan a ser mulleres dos seus maridos e desempeñan con dignidade ese papel que as circunstancias lles asignaron. O único que se lles debe esixir ás primeiras damas é prudencia e honradez: que non metan a pata nin a man, que non deixen en mal lugar ao Estado que representan. Despois, que cada unha se desenvolva segundo o seu talento ou gusto. A razón oculta tras tantos comentarios sobre Carla Bruni coido que é a de sempre: que segue sen haber igualdade, que cando unha muller ocupa un posto de relevancia social, faga o que faga e sexa como sexa, convértese en obxecto de controversia e de curiosidade.

2 respuestas hasta el momento ↓
Sara // Mayo 4, 2009 a 6:09 pm |
Supongo que a las llamadas primeras damas habría que tratarlas exactamente igual que al marido de Angela Merkel, por ejemplo. Por cierto ¿alguien sabe cómo es?
Anxo Bakunin // Mayo 14, 2009 a 12:17 am |
Se é certo que “cando unha muller ocupa un posto de relevancia social, faga o que faga e sexa como sexa, convértese en obxecto de controversia e de curiosidade” (sic) iso non débese senon a que é precisamente o Estado, que vostede di que tales damas teñen que representar con pudor, o ente autoritario que dende sempre someteu á muller e limitouna ó papel que neste artículo denúnciase.
A muller-obxeto, a muller-operaria, a muller-escrava, a muller-nai de casa, etc., sempre foi un prototipo proposto polo Estado e o principio de Estado. Aínda hoxe, por moito que dígase que a muller liberouse, non opta senon ós roles que o Estado considera oportunos.
O trasero de Carla Bruni foi tan seguido polos españois porque o Estado (publicidade, emisións televisivas, tendencias educativas, etc.)fomenta que os españois miren os traseros das mulleres antes que o rostro.
Anxo “Bakunin”
Santiago, noite do 14 do 5 do 2009.